
Rogo esa luz. Imploro o mar. Invoco
o tálamo da paz, a obra aberta
do mar tenaz, a espiga escura e leda,
os rostros verdadeiros da fortuna,
a primavera tiple, lancinante.
Anxos do XVIII que Venecia
chegue un día a salvarme,
que un unánime alcohol nos restitúa
a lenda intransferible,
a onda vexetal que a tanto invita.
Pido agora a balada, o pazo aberto ;
desanda-la clarencia daquel cosmos,
a biografía dos mansos : paz de mirto.
Quero un espello amador das tardes,
unha xerra orballada, as...
[Lire la suite]